A ortodoncia mellora a posición dos teus dentes sen esquecer a súa correcta función e saúde. A ortodoncia é moito máis que mover dentes. Individualizamos cada caso, axudándote a decidir que é o mellor para ti.
ESPECIALISTAS
Os ortodoncistas do noso equipo exercen a súa especialidade en exclusiva e están titulados nesa área a través dun máster oficial de tres anos de duración. Engadimos ademais unha extensa formación continua, o que lles permite levar a cabo tratamentos avanzados e complexos que requiren unha alta cualificación.